Declaración de Vigo (2001)
Volver

DECLARACIÓN DE VIGO
FORO SOBRE PROSTITUCIÓN E TRÁFICO DE MULLERES CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL

1º FORO INTERNACIONAL DE GALICIA SOBRE PROSTITUCIÓN.
organizado por Alecrín en Vigo, 16 e 17 de Novembro de 2001

  • Participantes do Foro Internacional de Galicia sobre prostitución.
  • Membros de Institucións Internacionais, Nacionais, Autonómicas e Locais, de Organizacións Non Gubernamentais, de Asociacións e Grupos de Mulleres.
  • Dende un Posicionamento Ético ante as diversas e complexas formas de negación dos Dereitos máis elementais do ser humano, e habida conta das graves formas de exclusión, desigualdade e inxusticia social que conleva.
  • Profundamente preocupadas polas formas novas e perniciosas que está a adoptar o mercado global do sexo, incluíndo o turismo sexual, axencias matrimoniais e tráfico de persoas e nenas.
  • Profundamente alarmadas polos enormes costes humanos e materiais da prostitución.
  • Recoñecendo que a prostitución é un dos máximos expoñentes da violencia contra as mulleres e nenas.
  • Recoñecendo a necesidade de que tanto os Gobernos coma as Organizacións non Gubernamentais traballen para poñer a disposición das prostituídas, supervivintes da prostitución e víctimas do tráfico; medidas de rescate, rehabilitación, saúde, educación e de subsistencia económica.
  • Recoñecendo que as mulleres e nenas dos países en vías de desenrolo e dos países en transición económica, son especialmente vulnerables para a prostitución, o tráfico e as distintas formas de explotación sexual, en particular as minorías, refuxiadas, emigrantes, pobos orixinarios e outros grupos que están sistematicamente sometidos á discriminación e racismo.
  • Preocupadas pola relación entre a globalización, e as políticas de inmigración dos Estados e o incremento do tráfico e a prostitución.
  • Recoñecendo a necesidade concreta no marco do Estado Español dunha modificación profunda da lexislación vixente, especialmente do Código Penal de 1995, castigando toda forma de explotación e tráfico de mulleres, na línea da Convención de 1949.
  • Recoñecendo a necesidade de que os Partidos Políticos se informen polas/os expertas/os e se posicionen.
  • Recoñecendo a necesidade de reclamar a atención, reflexión e debate sobre o problema da Prostitución e o Tráfico de Mulleres con fins de Explotación Sexual do movemento feminista e a sociedade en xeral.
  • Instamos ós homes en xeral e en particular ós demandantes de calquera clase e categoría de comercio sexual á reflexión e sensibilización respecto da responsabilidade que asume nunha das formas máis extremas e radicais da desigualdade.
  • Instamos á reprobación social do cliente-prostituidor, principal responsable do comercio sexual, que representa dunha forma constatada a desigualdade
 Lanzamos unha chamada á Comunidade Internacional para que se adhira, asuma e implique en toda medida tendente á abolición desta indignante forma de escravitude, inadmisible para a propia condición do ser humano e pedimos a adecuación da lexislación actual ó novo Protocolo para previr, reprimir e sancionar o tráfico de persoas, dirixidos especialmente ó comercio de seres humanos con fins de explotación da prostitución e outras formas de explotación sexual.
© Copyright ALECRÍN 2003