MANIFESTO
POLÍTICO
POLA
ABOLICIÓN DA PROSTITUCIÓN
O
Senado constituíu, o pasado 21 de marzo de 2002, unha “Comisión Especial
de Estudio da Prostitución” e dos seus traballos haberán de saír propostas
políticas tendentes a definir a posición da nosa sociedade fronte á mesma.
NÓS ABOLICIONISTAS que reclamamos unha sociedade
constituída sobre a igualdade e dignificación das persoas, consideramos
incompatible o uso e explotación sexual que representa a prostitución
e por isto denunciamos:
Que
a prostitución constitúe, en tódolos casos e circunstancias, unha enérxica
modalidade de explotación sexual das persoas prostituídas, especialmente
de mulleres e menores e un dos xeitos máis arraigados nas que se manifesta,
exerce e perpetúa a violencia de xénero.
Que a inhibición e tolerancia dos poderes públicos fronte ós que organizan,
reclutan, transportan, inducen á prostitución e fronte a tódolos que obteñen
beneficios económicos da prostitución, favorece a expansión e arraigo
dunha práctica que compromete a vida, saúde, integridade psíquica de numerosas
persoas, especialmente mulleres e menores.
Que o prostituidor/cliente, invisibilizado ata o momento, é responsable
coa súa demanda do desarrollo da industria do sexo.
NÓS ABOLICIONISTAS reivindicamos
que as iniciativas dos nosos responsables políticos vaian encamiñadas:
A remover
as condicións e circunstancias que permiten, favorecen e propician a prostitución,
especialmente mediante a profundización das políticas de igualdade de
oportunidades para mulleres, sen que en ningún caso, poida ser regulamentada
esta forma de escravitude.
A penalizar
tódalas modalidades de proxenetismo –incluída a dos autodenominados “empresarios
do sexo”-, medie ou non consentimento da persoa prostituída, nos termos
do Convenio de Nacións Unidas para a Represión da Trata de Persoas e da
Explotación da Prostitución Allea de 12 de decembro de 1949 e isto, de
conformidade cos compromisos que asumimos ante a Comunidade Internacional,
coa ratificación de dito instrumento.
A desarrollar
políticas de prevención e especialmente de sensibilización e deslexitimación
dos prostituidores/clientes, actores responsables deste forma de violencia.
PROMOVEN:
ALECRÍN, APRAMP, ASOCIACIÓN DE ASISTENCIA A MUJERES VIOLADAS DE CATALUÑA,
ASOCIACIÓN CLARA CAMPOAMOR, ASOCIACIÓN DE MUJERES SEPARADAS Y DIVORCIADAS
DE CATALUÑA, ASOCIACIÓN VILLA TERESITA, COMISIÓN PARA LA INVESTIGACIÓN
DE MALOS TRATOS A MUJERES, FEMINISTAS INDEPENDENTES GALEGAS, INSTITUTO
PROMOCIÓN SERVICIOS SOCIALES ESPECIALIZADOS, MUJERES DE NOCHE BUSCANDO
EL DIA.