Reflexións , comentarios , denuncias ...
   
 
Volver
   
 
         
   
 

A Comisión Congreso-Senado pide que non se regule a prostitución como traballo  (21.01.07) 

Alecrín felicita á citada Comisión polo Borrador do Estudio sobre Prostitución e as resolucións adoitadas: NON regular e recomendar a supresión dos anuncios de contactos nos medios de comunicación.

Como feministas, somos moi conscientes de que a problemática da prostitución non é unha condición de “mellora” do exercicio senon que debe estar no marco dos dereitos fundamentais-humáns e como forma de Violencia de Xénero.

A regulación ou normalización social da prostitución deixa vía libre ós proxenetas e á industria do sexo para “formalizar” unha explotación sexual eminentemente feminina ó servicio dun suposto “dereito” ilexítimo dos clientes-prostituidores de acceso corpóreo ás mulleres previo pago.

Alecrín lembra que nos estados que optaron por legalizar a prostitución NON mellorou as condicións de vida das mulleres prostituídas senon todo o contrario: a trata, a prostitución infantil, proxenetismo organizado abocou ó colectivo á ilegalidade e a unha vulnerabilidade maior.

Non contribúas á lexitimización da explotación sexual: di NON a prostitución e demandemos apoio institucional para as mulleres prostituídas.

Condenemos os verdadeiros culpables: ó cliente-prostituidor.