No ano 2000, levouse
a cabo esta actividade como conmemoración do Día
contra a Prostitución, 23 de setembro:
Participaron
mulleres de Vigo, Lugo, Compostela e Ourense, usuarias do Centro
de día e da unidade móbil de Alecrín.
A cada muller entegóuselle
unha cámara fotográfica de usar e tirar e sen nengún
requisito previo pedíuselles que retrataran a realidade que
elexiran e lle puxeran un título.
Esta exposición
é o resultado desa experiencia, onde cada muller aporta unha
visión persoal do seu barrio, e, dun xeito conmovedor, nos
aproxima á súa vida cotiá, inquedanzas, realidades
e tamén esperanzas.
|