Anticonceptivos
 
Volver
 

 

MÉTODOS DE BARREIRA

  • PRESERVATIVO MASCULINO OU CONDÓN: É unha funda de goma lubricada que se coloca cando o pene está erecto. Na súa colocación ten que quedar espacio libre na punta para que se deposite o semen. Unha vez que exacule, débese suxetar pola base para evitar que se saia o semen e retirar o pene antes de perder totalmente a erección. É o método máis seguro na prevención de Infeccións de Transmisión Sexual .
  • PRESERVATIVO FEMININO: É unha funda transparente con dous anels nos seus extremos. axústase á paredes da vaxina e retén o semen exaculado. Introdúcese un anel co dedo e queda o outro anel no exterior. Retírase dando dúas voltas para que non saia o semen.
  • DIAFRAGMA CON ESPERMICIDA:Consiste nun capuchón de goma flexible que se introduce na vaxina de forma que quede cuberto o colo do útero. Debe empregarse sempre impregnado con crema espermicida. Debe colocarse dez minutos antes do coito e permanecer colocado oito horas despois. Se se manteñen varios coitos hai que introducir espermicida antes de cada un, e contar as oito horas a partir do último. Para conseguir o teu diafragma debes acudir a un centro de planificación familiar, alí tomaranche as medidas e indicaranche a talla que necesitas. Tamén te ensinarán a colocalo.

MÉTODOS HORMONAIS

  • PÍLULA ANTICONCEPTIVA: Unha vez ao día . É un medicamento composto de dúas sustancias: estróxenos e proxesterona (sintéticos similares ás hormonas femininas). Estas sustancias expándense polo corpo a través do sangue impedindo que os ovarios produzan un óvulo, co que non pode haber fecundación. Debe tomarse baixo control médico. Os envases soen ser de 21 pastillas que se tomarán unha cada día á mesma hora. Ó rematar a tableta descánsase durante sete días e no octavo coménzase unha nova tableta. Durante esta semana de descanso aparece a menstruación. Se un día te esqueces de tomala, tes un plazo de doce horas para facelo, se pasa máis de este plazo, a seguridade xa non está garantida polo que se recomenda empregar un método complementario ese mes. Durante a semán de descanso, sigues estando protexida. Debes ter coidado tamén se tes vómitos ou fortes diarreas e se tomas algún tipo de medicación que poida interaccionar coa toma da pílula baixándolle a fiabilidade.
  • PARCHE ANTICONCEPTIVO: Unha vez á semana. É un método hormonal semanal. Son tres parches para tres semanas e unha semana de descanso. Os parches aplícanse sobre a pel e hai que vilxiar que estean ben pegados.
  • ANEL VAXINAL: Unha vez ao mes. É un anel de plástico flexible que a muller coloca na súa vaxina coma se fora un tampón hixiénico. O anel libera as hormanas anticonceptivas en dosis moi baixas e constantes. Úsase o anel tres semanas e descánsase unha, na que ven a regra.
  • INXECCIÓN DE PROXESTÁXENO: Impide a ovulación durante tres meses. As regras poden ser irregulares e aínda desaparecer.
  • IMPLANTE HORMONAL: ponse unha varilla de plástico flexible baixo a pel do brazo que libera proxestáxeno de forma continua. É ventaxoso para aquela mulleres que busquen anticoncepción a longo razo (tres anos). A inserción e extracción debe realizarse por persoal cualificado.

MÉTODOS NATURAIS pero pouco seguros

  • COITO INTERRUPTO OU "MARCHA ATRÁS" : É comúnmente utilizado polas parellas porque permite maior pracer xa que non existen barreiras entre os xenitais. Consiste en retirar o pene da vaxina antes de exacular. O problema está en que antes de exacular prodúcese unha pequena expulsión de líquido prostático que pode conter espermatozoides capaces de fecundar o óvulo. Ademáis, o coito interuptus non protexe das enfermidades de Transmisión Sexual. É un método pouco seguro: estatisticamente, aproximadamente o 10% das mulleres que utilizan o método quedan embarazadas ao ano do uso.
  • OGINO: Consiste en absterse de realizar o coito durante os días que preceden e siguen á ovulación. Para practicalo correctamente tes que apuntar polo menos durante doce meses as datas do teu ciclo menstrual. Anota o primeiro día de regla como día 1. Conta os días que te dura cada ciclo e selecciona o ciclo máis longo e o máis curto. Resta 18 do número de días do ciclo máis curto, esto darache o número do primeiro día no que existe risco de embarazo. Restalle 11 ó número de días do ciclo máis longo, así terás o número do último día con risco de embarazo. O período comprendido entre estos dous días é período fértil.
  • TEMPERATURA: Trátase de outro sistema para averiguar os días fértiles. Debes tomar a temperatura cada mañán en xaxún. Nos días seguintes á regra a temperatura é baixa, e baixa máis aínda xusto antes da ovulación para aumentar inmediatamente despois. O período de seguridade debes contalo a partir de tres días da temperatura máis alta ata a seguinte menstruación. Este método é pouco fiable xa que calquera tensión nerviosa, resfriado... pode introducir cambios na túa temperatura. Existe tamén a posibilidade de ovular en momentos determinados de forte tensión emocional.
  • MÉTODO DO MOCO CERVICAL OU BILLINGS: Consiste en determinar os días fértiles mediante a observación dos cambios que se producen no moco cervical. Despois da menstruación hai uns días de ausencia de moco cervical, logo empeza a aparecer unha mucosidade pegañenta e sensación de humidade (empezou o período fértil). O moco vai voltándose cada día mais elástico e lubricante (días de máxima fertilidade) ate chegar ó día pico, a partir do cal o moco volta a ser mais opaco.Diferentes factores poden producir alteracións no moco cervical: o estrés, as viaxes, unha infección, alguns medicamentos...

MÉTODOS QUÍMICOS:

  • ESPERMICIDAS: Son productos químicos en forma de óvulos vaxinais, cremas ou xeles que se introducen na vaxina dez minutos antes do coito. Non é convinte a súa utilización única.

DISPOSTIVO INTRAUTERINO (DIU)

  • DISPOSITIVO INTRAUTERINO (DIU): É un pequeno aparato que se introduce no útero coa finalidade de que dificulte o paso dos espermatozoides hacia as trompas. Aumentan a movilidade de éstas dificultando así a fecundación e impiden a anidación do óvulo en caso de que existira fecundación. Ten que colocarcho un médico e permanece entre dous e cinco anos. O problema de este método son os efectos secundarios. Non se recomenda para mulleres que nunca tiveran un embarazo. Pode ter rechazo ó colocalo. Tamén e normal ter regras máis abundantes e algo mais molestas do habitual. O médico colocaracho cando estés menstruando xa que así ten a seguridade de que non estás embarazada e o colo do útero está mais aberto. Debes controlar máis que nunca calqueira pequena infección vaxinal

MÉTODOS QUIRÚRXICOS

  • VASECTOMÍA: Consiste en quitar unha pequena parte do tubo que leva os espermatozoides dende os testículos de maneira que o líquido que se emita na exaculación non leve espermatozoides. Non ten efectos secundarios e non interfire nen na relación sexual nen na capacidade de erección, líbido... É unha intervención sinxela. Ate pasadas varias semanas o semen continuará tendo espermatozoides, polo que nas primeiras semanas debe empregarse algún método complementario.
  • LIGADURA DE TROMPAS: Consiste en cortar as trompas de falopio, de forma que queda cortado o paso ós óvulos e ós espermatozoides. A intervención é sinxela e só require un par de días de hospitalización. A muller continúa coas súas regras e os seus óvulos, o único que sucede é que o atopar o camiño pechado, reabsórvense. Non interfire nen na líbido nen nas relacións sexuais.