Interrupción voluntaria do embarazo
 
Volver

 

A interrupción voluntaria de un embarazo normalmente chámase ABORTO

 

LEXISLACIÓN SOBRE INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO:


A lexislación española permite a posibilidade de interrumpir o embarazo en tres casos:

  • Que sexa necesario para evitar un grave perigo para a vida ou saúde física ou psíquica da embarazada.
  • Que o embarazo sexa consecuencia de un feito constitutivo de delito de violación, sempre que a intervención se practique dentro das primeiras doce semanas de xestación e que o mencionado feito tivera sido denunciado.
  • Que se presuma que o feto nacerá con graves taras físicas ou psíquicas, sempre que a intervención se practique dentro das vintedúas semanas de xestación e que o dictamen expresado con anterioridade a práctica da interrupción, sexa emitido por especialistas acreditados.

COMO SE REALIZA UNHA INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DE EMBARAZO:

As técnicas varían de acordo co tempo de xestación. Canto antes se realice, menor resultará o risco e a posibilidade de complicacións.

As TÉCNICAS máis empregadas son:

  • Método de aspiración: Emprégase antes das dez ou doce semanas de embarazo. Non precisa hospitalización e normalmente realízase baixo anestesia local, sendo neste caso, os riscos mínimos. As veces pode realizarse con anestesia xeral.
  • Técnica de legrado (raspado): é unha intervención quirúrxica que , as veces, complementa o método de aspiración para asegurar o completo vaciado do útero. Normalmente realízase con anestesia xeral.
  • Método de inducción: Emprégase para interrumpir embarazos de máis de catorce semanas. Son técnicas mais complexas e é necesaria a hospitalización. Ademais empréganse medicamentos que provocan a expulsión do contido do útero.
  • Método químico (RU486): Pode empregarse en xestacións de menos de sete semanas de amenorrea, é decir, pode empregarse en mulleres que faga menos de 49 días dende a súa última regra. Non está disponible en farmacias, polo que a usuaria debe acudir á clínica coa súa documentación en regra ou cos seus pais ou titores se fose menor de idade.