Centro xove de información afectivo-sexual
   
Volver

 O Centro Xove de Información afectivo-sexual Alecrín é un centro de atención específica á xuventude que ten como finalidade atender e cubrir as súas necesidades e demandas en relación coa saúde afectiva e sexual.

 

Características:

  • O CX traballa dende a prevención e promoción da sáude. Non é o que tradicionalmente se entende por "centro de planificación familiar", xa que non ten como obxectivo directo a atención clínica asistencial.
  • Non pretende ser un servicio paralelo, senon un centro no que a información, asesoramento e resolución de dúbidas se ofrezan de xeito integral. Os servicios especificamente clínicos derívanse aos recursos existentes na rede pública.
  • As premisas básicas das que se parte son:
        Gratuidade
        Anonimato
        Confidencialidade
        Atención inmediata (sen necesidade de cita previa)
  • Na actualidade ten asinado un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra.
     

Servicios que presta:

  • Información, asesoría e orientación
  • Consultas telefónicas  e a través de internet
  • Test de embarazo
  • Atención e derivación de aspectos médicos, sociais e psicolóxicos
   

Equipo de traballo:

 
  • Pedagoga
  • Psicóloga
 
Horario:

De Luns  a Xoves:

de 10 a 13,30 h - de 16 a 20 h

Os Venres:

de 9,30 a 14,30 h

Enderezo:
 


R/ García Barbón 30-5º

36201 Vigo

 
 

Telf: (34) 986 43 94 59

Fax: (34) 986 22 93 39

 
 
 
© Copyright ALECRÍN 2003