|
Ademais do traballo realizado no propio Centro,
achegámonos á poboación
a través de distintas charlas
e obradoiros organizados para grupos.
Grupos a quen van dirixidas as charlas
e obradoiros
- Centros
de ensino da provincia de Pontevedra
Destinadas principalmente a alumnas/os de idades comprendidas entre
os 13 e 18 anos, con estas charlas preténdese contribuír
a que a mocidade adolescente ou pre-adolescente pense e adopte unha
actitude libre e responsable ante a súa sexualidade. Trátase
de cambiar actitudes e de inducir inquedanzas e reflexións.
- Asociacións
de Nais e Pais (ANPAS)
Coordinado polas ANPAS dos centros de ensino e a petición
destas, as charlas son planificadas de xeito que propicien o debate
e o intercambio entre a especialista e as nais e pais participantes.
Trátase non só de proporcionar coñecemento,
senón de cambiar actitudes e invitar á reflexión.
Como premisa pártese do feito de que a educación sexual
é un conxunto de vivencias, de aprendizaxes, de desenvolvemento
físico, psíquico e sensorial, que se acumula co tempo
e sobre o cal actúa o contorno, o ambiente, a cultura...
e a escola, que ten un peso importante neste proceso.
Temas
que se abordan nas charlas e obradoiros
-
Identidade de xénero:
Un camiño para a igualdade e a prevención
da violencia, tanto no ámbito escolar como nas relacións
de parella. Nestas charlas abárcanse os conceptos de sexo
e xénero, a súa diferenza, a xénese do sexismo
e a violencia: prevención de condutas agresivas entre o
alumnado e na parella.
- Sexualidade:
Descubrindo un mundo novo. Este obradoiro busca ofrecer
un espazo para a reflexión, a aprendizaxe e o descubrimento
das relacións afectivo-sexuais en toda a súa amplitude.
Incídese na imaxe corporal, nos cambios físicos
e psíquicos, nas relacións afectivas, etc. Orientación
sexual: como detectar as distintas orientacións sexuais
e como afrontalas en igualdade e con respecto, nas condutas sexuais
típicas da adolescencia
- Saúde
sexual:
ETS e Métodos Anticonceptivos. Céntrase
na saúde sexual, como indispensable para a consecución
dunha sexualidade sa, pracenteira e libre de riscos. Para isto
facilítase o acceso e o coñecemento dos métodos
anticonceptivos existentes, así como a conceptualización
e reflexión das enfermidades de transmisión sexual,
incluíndo a SIDA.
- A prostitución;
Unha cuestión de todas e de todos.
Estos contidos serán impartidos a partir de 3º e 4º
da ESO. Incídese en que a prostitución sexa tratada
como un xeito de violencia contra a muller que debe ser erradicada
pois constitúe unha violación e perda dos dereitos
fundamentais e a dignidade das mulleres. Este contido será
abordado como obradoiro, con actividades didácticas onde
as/os estudiantes reflexionen sobre o tema e debatan a partir
das súas opinións.
Contidos
que se traballan
- A educación
en igualdade e para a igualdade. Pautas e cambios de actitudes.
- A sexualidade e as
distintas etapas evolutivas.
- Anatomía e fisioloxía
sexual. Cambios corporais e comportamentos derivados destes cambios.
- Orientacións sexuais: saber
afrontar sen tabús os comportamentos sexuais.
- Condutas agresivas: como detectalas
e aprender a corrixilas.
- Resolución de conflitos
derivados tanto das relacións afectivo-sexuais, a saúde
sexual e a convivencia en igualdade.
|
|