Infeccións de trasmisión sexual
 
Volver
   

   

 INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

Son un tipo de infeccións que normalmente transmítense ou contáxianse durante as relacións sexuais. Poden afectarnos repetidamente porque non xeneran protección e non hai vacunas contra elas. Poden ocasionar serias e permanentes consecuencias como ceguera, esterilidade e procesos moi graves. As mulleres e os recéns nacidos son os mais vulnerabels.

As ITS máis coñecidas son:

  • GONORREA: causada por un microbio que vive nas áreas máis templadas e húmidas do organismo, principalmente na uretra e colo uterino. É transmitida por contacto sexual. Os síntomas en homes poden ser: secreción purulenta de cor amarelo polo pene, sensación de escozor ó orinar. En mulleres: leve aumento da secreción vaxinal, sensación de escozor ó orinar, transtornos menstruais, dolores abdominales.

 

  • SÍFILE: é unha enfermidade contaxiosa e perigosa. É causada por un xerme microscópico e case sempre é transmitida por contacto sexual e tamén se pode transmitir ó feto a través da placenta durante o embarazo. Esta enfermidade evoluciona por etapas e os síntomas mais característicos son: ulceración vermella denominada chancro sifilítico; manchas en peito, espalda, brazos e pernas; bultos no colo, axilas...Febre, dor de gorxa...

 

  • HERPES SIMPLE: está causada por un virus e é transmitida por contacto sexual, normalmente vaxinal, anal ou oral-xenital, pero tamén pode ser por contacto a través das mans. Síntomas. Dores e inflamacións con picores ó redor dos xenitais, febre, síntomas parecidos ós da gripe, escozor ó orinar.

 

  • CLAMIDIA: está causada por unha bacteria que afecta á uretra nos homes e ó colo uterino nas mulleres. É transmitida por contacto por mucosas da vaxina, boca, ollos, uretra ou recto.