PÍLULA
DO DÍA DESPOIS:
É un composto
hormonal forte que tomado dentro das 72 horas seguintes a un coito
efectuado sen protección, impide a anidación do
óvulo en caso de que fose fecundado.
Debe recetalo a/o
médica/o e ser empregado excepcionalmente, pois a dose
de hormonas é moi alta e pode ter efectos secundarios.
É un método
que permite evitar o embarazo despois de practicar o coito sen
protección.
O método
de anticoncepción de emerxia é eficaz únicamente
antes da implantación do óvulo fecundado no endometrio.
NON é un
método abortivo. Se a usuaria xa estaba embarazada antes
de tomarse a pílula do día despois, o seu embarazo
continuará normalmente sen risco para o embrión.
Para obter a máxima
eficacia debe ser tomado canto antes despois de prácticar
o coito sen protección.
Se a usuaria vomitara
dentro das tres horas seguintes á toma de calquera dos
comprimidos, debe tomar outro comprimido inmediatamente.
A menstruación
debe seguir o seu ritmo normal aínda que as veces pode
adiantarse ou retrasarse uns días.
Os posibles efectos
secundarios son: náuseas e vómitos, mareos, cansancio,
dor de cabeza, dores abdominales...