Prevención do VIH / SIDA
 
Volver
 

 

¿Que é o VIH?

Virus de inmunodeficiencia humán que cando entra no organismo ataca ao sistema de defensa destruíndo as células que nos defenden das enfermidades.

¿Que é a SIDA?. Síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Síndrome: conxunto de síntomas e signos que caracterizan unha enfermidade.

Inmuno Deficiencia: debilitamento do sistema inmunolóxico que é o responsabel das defensas do noso corpo.

Adquirida: non é hereditaria.

Persoa Seropositiva . Persoa infectada polo VIH que non desenvolveu aínda a enfermidade, pero sí pode transmitir o virus a outras persoas.

O VIH/SIDA Pode afectar a calquera persoa que non tome precaucións.

O VIH/SIDA non se trasmite por tocarse, acariciarse, compartir pratos, vasos, lugar de traballo ou estudio, nin por picaduras de mosquito.

Vías de trasmisión:

Sexual - en relacións sen preservativo (masculino ou feminino).

Penetración vaxinal ou anal.

Relacións buco-xenitais.

Sanguínea - uso compartido de agulla, coitelas, xeringas,...

Nai a fillo - de nai infectada ao seu feto durante o embarazo, parto ou lactancia.

 

O preservativo masculino ou feminino é o método máis eficaz para previr a trasmisión do VIH así como outras enfermidades de trasmisión sexual e os embarazos non desexados, por eso é convinte que o uses correctamente e non deixes a túa saúde en mans de outras persoas.

Se tiveches algunha práctica de risco, podes facerte a proba do VIH para saber se es seropositivo/a. Esta proba é confidencial e consiste nunha análise de sangue, específica para o VIH. Para que os resultados sexan fiables, debes deixar pasar un mínimo de 3 a 6 meses que é o tempo que tarda o organismo en producir anticorpos.