CIMI: Centro Información da Muller Inmigrante
 
 
DESCRICIÓN E CONTACTO

O Centro de Información da Muller Inmigrante Alecrín é un centro orientado á atención asistencial das mulleres inmigrantes de xeito integral en tódolos seus ámbitos: social, sicolóxico, xurídico e formativo.

CARACTERÍSTICAS:

O CIMI traballa pola integración social da muller inmigrante dende a perspectiva de xénero e o respeto á diversidade cultural.

Promociona a iterculturaldiade e multiculturalidade como aposta segura para a prevención da creación de guetos culturais e sociais.

Loita contra a feminización da pobreza creando unha rede social sólida de recursos para a muller inmigrante potenciando os seus recursos e capacidades a través da información, educación, inserción e integración.

Atende a tódalas mulleres inmigrantes, reguladas ou non e independentemente da súa problemática

Ten como premisas básicas:

Gratuidade
Confidencialidade
Privacidade

SERVIZOS QUE PRESTA:

-Atención sicolóxica
-Atención xurídica
-Administración social
-Administración sanitaria
-Administración vivenda
-Orientación sociolaboral
-Formación
-Emprego


EQUIPO DE TRABALLO:

- Traballadora Social
- Sicóloga
- Avogada
- Educadora Social

HORARIO:

DE LUNS A XOVES de 10:.00 a 18:00

OS VENRES de 10:00 a 14:00

ENDEREZO:

R/ Ronda de Don Bosco 18, 2º andar
36202 Vigo Teléfono:886 131 711

e-mail: cimi@alecrin.org

© Copyright ALECRÍN 2003