0
25 de novembro é o DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA SOBRE
AS MULLERES, organizado por primeira vez polo "Encontro feminista
de América Latina e o Caribe" en 1981. Esta data lembra ás
irmás Mirabel, que foron brutalmente asasinadas pola dictadura de Trujillo
na República Dominicana en 1960. Pero máis alá deste
feito histórico, hoxe segue tendo sentido utilizar unha data para lembrar
que a violencia contra as mulleres é un feito frecuente dentro das
familias, no lugar de traballo, na escola, na sociedade en xeral. A falta
de información, o silencio, o medo e a vergoña perpetúana.
Tamén a manteñen, a ausencia de leis adecuadas para erradicala,
as imaxes agresivas nos medios de comunicación, a explotación
sexual de mulleres e nenas, o uso da violencia contra elas como arma de guerra,
etc.
0
artigo 1 da "Declaración sobre a Eliminación da violencia
contra a Muller" das Nacións Unidas considera que a violencia
contra as mulleres é: "todo acto de violencia baseado na
pertenza ó sexo feminino que teña ou poida ter como resultado
un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as
mulleres, inclusive as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación
arbitraria de liberdade, tanto de se produciren na vida pública como
na privada ".
A
violencia contra as mulleres e unha expresión da relación de
desigualdade entre homes e mulleres. Baséase na superioridade dun sexo
sobre o outro. Afecta a toda a organización da nosa sociedade e, polo
tanto, os actos violentos debemos analizalos dentro dun contexto social. A
este tipo de violencia denomínaselle "Violencia de xénero"
porque está incorporada na identidade masculina. Dende pequenos os
nenos aprenden a responder agresivamente e adéstranse en aspectos activos
como gañar, loitar, competir, apoderarse, impoñer, conquistar,
atacar, vencer, etc. Mentres que as nenas aprenden a ceder, pactar, cooperar,
entregar, obedecer, coidar... aspectos que non levan ó éxito
nin ó poder e que son considerados socialmente inferiores ós
masculinos.
A
cultura militarista e bélica trae consigo formas de violencia especialmente
dirixidas as mulleres. Torturas e violacións sexuais, persecucións,
presións emocionais, desaparicións, encarceramentos e incluso
a morte son prácticas usuais nos conflictos armados. Un dos logros
da IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres (Pekín 1995) foi considerar
como crimes de guerra as violacións que se producen neses conflictos.
Nesa conferencia recoñécese que a violencia contra as mulleres
é un obstáculo para a igualdade, o desenvolvemento e a paz dos
pobos, impedindo que as mulleres gocen dos seus dereitos humanos e liberdades
fundamentais.
Algunhas
formas de violencia contra a muller son:
MALOS
TRATOS: cando
a violencia que se exerce contra as mulleres lévase a cabo no
ámbito familiar ou doméstico (marido, compañeiro,
pai, fillos, irmáns). Poden ser malos tratos psíquicos,
físicos ou sexuais. Ata hai pouco non se consideraban delitos,
senón "asuntos privados".
AGRESION
OU ABUSO SEXUAL:
comprende aquelas outras conductas sexuais onde se utiliza tamén
a forza ou a intimidación.
A
VIOLACIÓN:
comprende toda penetración, pola vaxina, ano ou boca, usando a
forza ou intimidación.
ABUSOS
SEXUAIS A MENORES:
Chámase INCESTO cando os abusos sexuais son levadas a cabo polo
pai, o padrasto, un irmán, ou calquera parente próximo.
ACOSO
SEXUAL: comprende
todo comportamento sexual considerado ofensivo e non desexado pola persoa
acosada desenrolado no ámbito laboral, docente ou similar, utilizando
unha situación de superioridade ou compañeirismo e que
repercute nas súas condicións de traballo ou estudio, creando
un entorno laboral ou de aprendizaxe hostil, intimidatorio ou humillante.
PROSTITUCIÓN:
esta só pode ser entendida como un gravísimo atentado á
persoa, á súa dignidade, á súa liberdade
individual e sexual. A prostitución non é unha opción
libre, senon unha opción forzada, froito das circunstancias, sendo
estas, na inmensa maioría dos casos: a pobreza, a desigualdade,
o abuso sexual na infancia, os malos tratos, a emigración, etc