Bases
 
 
Volver
 
 
 

 

BASES DOS PREMIOS ALECRÍN-ALACRÁN

 

1.- Poderán optar a estos premios as persoas, grupos ou institucións de ámbito nacional ou internacional.

O Premio Alecrín propoñerase para quen destacara na defensa dos dereitos das mulleres

O Premio Alacrán propoñerase para quen actuara, de xeito notorio, en detrimento dos dereitos das mulleres


2.- As propostas deberanse acompañar do maior número de datos, co fin de recabar pola Comisión Avaliadora nomeada por ALECRÍN, as verificacións precisas.

3.- As propostas deberán dirixirse a :

Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller ALECRÍN,

Rúa García Barbón, 30-5º / 36201Vigo,

ou a través do correo electrónico : info@alecrin.org

4.- O xurado estará composto por sete integrantes de ALECRÍN , actuando unha delas como secretaria.

5.- O fallo do xurado adoptarase por maioría simple, será inapelable e darase a coñecer nos días seguintes á resolución.

6.- ALECRÍN comprométese a gardar absoluta reserva e discreción sobre as propostas presentadas.

7.- A entrega dos premios farase no decurso dunha festa.

8.- Calquera cuestión ou dúbida que poida xurdir na interpretación destas bases, poderán dirixirse ó teléfono:

 
   
   
© Copyright ALECRÍN 2003