Premios Alecrín - Alacrán 2007
 
 
Volver
 
 
 
   
 

 

PREMIOS ALECRÍN-ALACRÁN 2007


O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller “ALECRIN”, con motivo da XVIII Edición dos Premios “ALECRIN-ALACRÁN”, estudiadas e valoradas as múltiples propostas suxeridas por diferentes colectivos, institucións e personas, acaba de decidir os destinatarios dos seguientes Premios na súa Edición 2007.

PREMIO ALECRÍN 2007

Ao Profesor CARL DJERASSI , o ”pai” da píldora anticonceptiva; descubrimento que lle otorgou á muller a opción de exercer o control sobre o seu corpo no relativo á concepción e fixo que a maternidade, en vez de destino, sexa elección.

A separación da sexualidade da reproducción, a partir de entón, permitiu ás mulleres apropiarse de espacios maiores de liberdade e de autonomía nun proceso sostido de emancipación do rol femenino tradicional circunscrito ao coidado dos fillos e ao traballo doméstico.

Conta a historia que, impulsados por Margaret Sanger e financiados por Catherine Dexter McCormick, Gregory Goodwin Pincus e M.C. Chang desenvolveron en Estados Unidos o primeiro anticonceptivo oral que baixo o nome comercial de Envoid se comercializou masivamente en Estados Unidos a partir de 1960.


Sen embargo, en termos científicos, o nacimento "químico" da Píldora tivo lugar moito antes e noutro lugar: o 15 de outubro de 1951, nas instalacións do laboratorio Sintex, ubicado na cidade de México, dábase a coñecer ao mundo que o equipo dirixido por Carl Djerassi lograra a síntese do primeiro composto químico (noestisterona) a partir dunha fonte vexetal mexicana (o barbasco, de nome científico Discorea genus). Dita sustancia continúa sendo ata o día de hoxe un dos ingredentes activos dos anticonceptivos orais que toman millóns de mulleres en case todo o planeta.
Por este logro, a Carl Djerassi comezóuselle a considerar como "o pai" da píldora anticonceptiva; sen embargo el prefire, en termos metafóricos, o título de "nai" porque a química é unha ciencia nai, mentras o biólogo neste caso, Gregory Pincus¬ pode ocupar o sitio de pai.


Metáforas aparte, Carl Djerassi, profesor de química da Universidade de Stanford, é un dos contados científicos estadounidenses que foi distinguido cos dous recoñecementos máis importantes dese país: a Medalla Nacional da Ciencia (pola síntese do primeiro esteroide oral anticonceptivo) e a Medalla Nacional de Tecnoloxía (por promover novas formas de control da poboación de insectos). Ademáis de ser integrante da Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos e da Academia Americana de Artes e Ciencias, Djerassi pertence a incontables academias en diversas partes do mundo e recibiu 19 doctorados Honoris Causa.

De maneira máis reciente, o doctor Djerassi sustituiu a súa práctica como químico pola escritura de novelas, contos, textos autobiográficos, poemas e obras de teatro. Tamén dirixe o Programa de Artistas Residentes auspiciado pola Fundación Dejerassi con sede na cidade de San Francisco, California, e é un dos coleccionistas máis importantes da obra de Paul Klee.

Entrevista con Carl Djerassi. La píldora de la humanidad. (Lunes en la Ciencia, 8 de octubre del 2001). Por Patricia Vega.

 

PREMIO ALACRÁN 2007

Ao escritor ARTURO PÉREZ REVERTE pola apoloxía que fai da violencia contra as mulleres e pola súa actitude reaccionaria e machista lanzada nas súas proclamas e artigos que está facendo do anti-feminismo a súa mellor bandeira.

Periodistas, columnistas, escritores e escritoras deberían considerar como unha obriga profesional o respeto á imaxe das mulleres, a difusión de publicidade e opinións que alienten a violencia de género, por exemplo. Esperamos este tipo de colaboración para conseguir a igualdad real entre homes e mulleres, pois é ben sabido a enorme influencia que este tipo de personaxes teñen na opinión pública .

Arturo Pérez Reverte ven mostrando fai anos dende a plataforma que lle ofrecen a súas columnas periodísticas o seu desprecio máis absoluto hacia o traballo que se está a realizar dende o feminismo, mofándose e ridiculizando temas tan variados como a loita contra a linguaxe e a publicidade sexista, as leis de igualdade, a imaxe das mujeres, etc.

Como exemplo, un párrafo extraído da súa columna Patente de corso en XLSemanal:


Mujeres como las de antes

…y se nos cruza una rubia de buena cara y mejor figura, vestida de negro y con zapatos de tacón, que camina arqueando las piernas, toc, toc, con tan poca gracia que es como para, piadosamente –¿acaso no se mata a los caballos?–, abatirla de un escopetazo…

Outras “perlas” escritas por este personaxe…

Al final, género
Fascismo musical de género
Las púas de la eriza
Lo que se perdió la Codorniz
Las miembras y los miembros
El culo de las señoras
La osadía de la ignorancia
Ava Gardner Nunca Mais


A ENTREGA DOS PREMIOS REALIZARASE
O 17 DE NOVEMBRE, ÁS 20 HORAS
NO CENTRO SOCIAL CAIXANOVA DE VIGO
TRALA QUE SERÁ SERVIDO UN CÓCTEL



© Copyright ALECRÍN 2003